julio, 2022

30jul10:30 pm11:59 pmTanxugueiras

Detalles

Co seu primeiro álbum homónimo, publicado en 2018, o trío inicia unha traxectoria que as leva a visitar, en só 3 anos, máis de 100 escenarios de todo o planeta acompañadas polas
súas pandeiretas. No 2019 chega Contrapunto, un disco que incrementa as revolucións da música galega coa reinterpretación de coplas tradicionais, ateigadas de arranxos e
harmonías diversas. Xa no 2021, Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro comezan a explorar con curiosidade -coa colaboración do produtor Iago Pico- a fusión da tradición e a
potencialidade das súas voces con sonoridades urbanas e modernas, ata converterse no que son hoxe en día: unha das propostas máis innovadoras, auténticas e sorprendentes do
país. As cantareiras darán boa conta da súa nova proposta neste 2022 coa “Xira Midas”.

Más

Hora

(Sábado) 10:30 pm - 11:59 pm

Población

Auditorio de Castrelos

Parque de Castrelos, Vigo