Leyendo ahora
NOVIDADES NO MUSEO MARCO.

NOVIDADES NO MUSEO MARCO.

SUSANNE THEMLITZ

A LINGUAXE DAS COUSAS MUDAS

8 novembro 2024 – 13 abril 2025

Salas da planta baixa

Comisariado: Miguel Fernández-Cid

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Dende que se deu a coñecer, a mediados dos anos noventa, en proxectos comisariados por Luis Serpa, Susanne Themlitz (Lisboa, 1968) defende unha práctica artística na que recorre aos medios e materiais máis próximos. As súas pinturas iniciais e obxectos de pequena escala e de tratamento denso, deron paso a fotografías e recreacións de paisaxes transportables, xeralmente habitadas por pequenos personaxes. Nas últimas décadas, dende a súa dobre residencia, portuguesa e alemá, formula unha obra ambiciosa na que plasma as ideas en debuxos e pinturas sobre papel ou muro, esculturas, fotografías, vídeos, obxectos, textos, xunto a materiais recollidos dos almacéns das instalacións nas que expón.

NOVOS CATÁLOGOS DO MUSEO MARCO.

O MARCO de Vigo presenta as súas publicacións máis recentes.

Aos catálogos das exposicións actuais de LAÍA ARGÜELLES FOLCH e BOSCO CARIDE, únese o da mostra de ALFREDO ALCAIN, protagonista das salas do 1º andar en 2022.

Durante os últimos anos, a liña de publicacións do MARCO foi adquirindo cada vez máis relevancia, como compoñente esencial do seu proxecto e parte integrante da programación. Os catálogos das exposicións funcionan como vehículo transmisor da obra dos artistas, e como fonte documental de cara ao futuro, singularmente para investigación e difusión.

Todas as publicacións e catálogos están dispoñibles na Biblioteca-Centro documentación do MARCO, e á venda na libraría LASAL BOOKS (vestíbulo principal).

LAÍA ARGÜELLES FOLCH. Todavía siempre

Textos: Laía Argüelles Folch, Miguel Fernández-Cid, Laura González Palacios, Quim Pujol

Edición plurilingüe: Galego / Español / Inglés

200 páxinas, 17 x 24 cm. Tapa branda

BOSCO CARIDE. Indicios

Ver también

Textos: Bosco Caride, Miguel Fernández-Cid, Ignacio Pérez-Jofre, Jaume Vidal Oliveras

Edición plurilingüe: Galego / Español / Inglés

208 páxinas, 20,5 x 24,5 cm. Tapa branda

ALFREDO ALCAIN. 1965-2021

Textos: Miguel Fernández-Cid,

Edición bilingüe: Galego / Español

232 páxinas, 21 x 27 cm. Tapa branda

Vuelve al comienzo