Ao día seguinte recibirá unha homenaxe no Ateneo de Pontevedra.
O mércores 18 de decembro celebrarase, ás 19 horas, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, de Vigo, sede da Fundación Penzol, un acto de homenaxe a ALFONSO ZULUETA DE HAZ con motivo do centenario do seu nacemento, en 1924. No transcurso do acto presentarase o libro Alfonso Zulueta. Unha humanidade vivida, coeditado por Editorial Galaxia, Editorial SEPT e a Fundación Penzol. Na homenaxe intervirán: Manuel Puga, presidente do Padroado da Fundación Penzol; Silvestre Gómez Xurxo, presidente de SEPT; Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia. ALFONSO ZULUETA DE HAZ (1924-2017) foi persoa de fondas conviccións e compromisos: desde o Cineclub e o Ateneo de Pontevedra ata a creación, xunto coa súa dona, María Teresa Fernández Cabaleiro, da Asociación Juan XXIII para a atención de discapacitados intelectuais e a Fundación Sálvora, de asesoramento das súas familias, ata as presidencias do Partido Galego Socialdemócrata (PGSD), o Consello Social da Universidade de Vigo, o Consello da Cultura Galega, de Editorial SEPT e da Fundación Penzol. Tamén foi vicepresi- dente de Editorial Galaxia e colaborou noutras moitas entidades de tipo social e cultural.
O Ateneo de Pontevedra organiza un acto en homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz
con motivo do centenario do seu nacemento, en 1924. No acto presentarase o libro
Alfonso Zulueta. Unha humanidade vivida, coeditado por Editorial Galaxia, Editorial
SEPT e Fundación Penzol.
O acto, no que intervirán Xaime Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra; Rafael
López Torre, escritor; Guillermo Campos, xornalista; Pilar Allegue, filósofa e escritora;
Fernando Filgueira Iglesias, médico e padroeiro da Fundación Filgueira Valverde, e
Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia,
terá lugar o vindeiro xoves 19 de decembro, ás 19:00 horas, na Casa das Campás.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Do libro
Alfonso Zulueta de Haz (1924-2017) foi home de fondas conviccións e compromisos.
Neste libro recóllense testemuños de persoas que o acompañaron por distintas
etapas dunha vida marcada polas preocupacións políticas, sociais e culturais, eidos
en que desenvolveu unha intensa actividade. Desde o Cineclub e o Ateneo de
Pontevedra ata a creación, xunto coa súa dona, María Teresa Fernández Cabaleiro, da Asociación Juan XXIII para a atención de discapacitados intelectuais e a Fundación Sálvora, de asesoramento das súas familias, ata as presidencias do Partido Galego Socialdemócrata (PGSD), o Consello Social da Universidade de Vigo, o Consello da Cultura Galega, a editorial SEPT e a Fundación Penzol. Tamén foi vicepresidente de Editorial Galaxia e colaborou noutras moitas entidades de tipo social e cultural.
Autores
Manuel Puga Pereira, Antón Vidal, Silvestre Gómez Xurxo, Rosario Álvarez, Xaime
Toxo, Rafael L. Torre, Guillermo Campos, Luís Espada Recarey, Asociación Juan XIII,
Cipriano Luís Jiménez Casas, Nilo Fernández Ortiz, Pilar Allegue e Francisco
Domínguez.
COLABORA:
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra