
Aperda dunha persoa querida de maneira inesperada, os recordos
que golpean a memoria, as palabras que non se din, os encontros
que adiamos e a culpa que aparece irremediablemente. Unha viaxe
en bicicleta para ordenar os pensamentos, tempo a soas para conectar
con unha mesma e tamén para trabar conversa con persoas descoñecidas
que emprenden o Camiño de Santiago coas súas propias mochilas per-
soais. O rodar e a auga salgada de mar como catarse.
Perder o norte é unha viaxe poderosa por diversos territorios físicos e
emocionais.

Foto : Nicklas Dennermalm.
MARÍA QUIROGA (Lugo, 1992) escribe desde nena. Estudou
Neurociencias en Edimburgo e Medicina en Madrid. En 2020 resi-
diu na Fundación Gala para Creadores Novos. Vive en Suíza onde
pedalea, corre, nada e investiga os efectos do cambio climático na saúde
mental.
Perder o norte é a primeira novela que publica e coa que gaña o Premio
Illa Nova de Narrativa 2025.