Now Reading
A PRESENZA DE ROSALÍA EN VIGO

A PRESENZA DE ROSALÍA EN VIGO

Roteiro conducido por Xurxo Martínez González
Actividade paralela da exposición UN PAÍS ILUSTRADO. As cubertas de Galaxia
Organizan: Editorial Galaxia e MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo Conducido por Xurxo Martínez González. Para público en xeral Data e horario: sábado 21 de febreiro, a partir das 12.00 Punto de partida: Oliveira do Paseo de Alfonso Remate: MARCO, sala da exposición “Un país ilustrado”
Gratuíto. PRAZAS LIMITADAS ata completar capacidade (máximo 30 persoas)Imprescindible inscrición (antes do xoves 19 febreiro)Enviando un email a recepcion@marcovigo.com indicando nome+apelidos
En datas próximas ao Día de Rosalía (23 de febreiro), e como actividade complementaria da exposición  “Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia”, o comisario da mostra, Xurxo Martínez González, acompáñanos nun percorrido polo Casco Vello de Vigo onde descubriremos lugares e persoas relacionados coa vida e obra de Rosalía de Castro.
O paseo comeza na Oliveira do Paseo de Afonso, e continúa no corazón do Berbés. Entre outras paradas teremos a rúa Eduardo Chao, dada a importancia desta familia na vida e sobre todo na publicación das obras en galego de Rosalía (Follas novas editada por Alejandro Chao na Habana); e por suposto detenéndonos na imprenta de Juan Compañel, quen imprimiu os Cantares gallegos en 1863, na rúa Real.
O roteiro rematará na sala da exposición no MARCO, cun percorrido pola mostra, e un micro aberto para recitado de poemas de Rosalía por parte de calquera participante, de xeito libre ou a partir dunha proposta de textos seleccionados.

Scroll To Top