
Hai uns días o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e representantes das 32 entidades que forman a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, presentaron unha nova edición do programa cultural «Vente con Nós». O Obxetivo de dito programa, desde marzo ata outubro, é levar o baile, a danza, a música e o teatro a todas as asociacións veciñais y culturais de calquera barrio ou parroquia de Vigo.
En «Vente con Nós» participan 24 grupos de baile folclórico; 23 formacións de música tradicional e popular; 33 conxuntos de pandereteiras; 9 grupos de teatro afeecionado e 6 grupos de baile moderno, e o Concello de Vigo colabora con 100.000 euros.
Este ano o programa inclúe catro festivais de folclore galego :
- Centro Veciñal de San Miguel de Oia, 19 de abril
- Centro Cívico de Teis, 23 de maio.
- Asociación Monte da Mina, 20 de setembro
- Lavadores, 11 de outubro.
Nas actuacións máis destacadas atopamos a celebración do Día Internacional da Danza, o 29 de abril, no que 19 grupos de baile actuarán simultáneamente en Príncipe, Bouzas, Navia, a peonil do Calvario e a Praza do Emigrante en Travesas. Pola súa banda, 500 intérpretes participarán nas sesións de danza, os días 4 e 5 de xuño no Teatro Salesianos.
Os grupos de pandereteiras, gaitas e baile tradicional irán actuando ao logo e ancho da cidade nos diferentes meses e centros. Xa no mes de marzo, con motivo do Día Internacional do Teatro, fixéronse unha serie de representacións en Valladares.
Abel Caballero anunciou que estase a estudar a posibilidade de organizar unha iniciativa de catro días ao redor da Agrupación de Centro Deportivos e Culturais, semellante a de Castrelos.
