
O martes 22 de abril ás 19 h. a Fundación Xoàn Piñeiro presenta en Vigo o libro
adicado a Silverio Rivas no Auditorio do Marco. Corresponde o segundo monográfico da Colección Nerga que edita a fundación co interés en investigar sobre a escultura galega e os seus artistas. Presenta Cuqui Piñeiro en representación da Fundación Xoán Piñeiro, e participan o coordinador do libro, Miguel Anxo Rodríguez González, Profesor do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación IDEAHS e o propio artista Silverio Rivas.
Poderemos contar tamén coa intervención de Pepe Barro, o deseñador gráfico da
colección Nerga e das duas edicións, Miguel Fernández Cid, director do Marco e Xesús Vázquez presidente da Fundación Xoán Piñeiro.