Now Reading
ALBERTO ARDID. Hai un lugar

ALBERTO ARDID. Hai un lugar

ALBERTO ARDID. Hai un lugar
30 abril – 6 setembro 2026
Patio A1, Galería A1, Patio A2, Galería e sala perimetral A2 (planta baixa)
Comisariado: Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto Soto
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
“Hai un lugar semellante a este. Unha realidade paralela que constitúe unha ficción
relativamente próxima. Hai un lugar é un proxecto expositivo que combina pezas a
medio camiño entre a escultura e a instalación, que se artellan arredor da idea dun
aparente triunfo do mal sobre o ben, pero no que aínda se pode albiscar algún raio de esperanza. Unha exposición narrativa e interconectada, na que cada peza é per se, mais que tamén conta algo en relación ás outras e ao espazo que ocupan.”


Alberto Ardid de Cabo (Vigo, 1986) traballa elaborando pezas e instalacións que se poden situar entre o perceptivo e o matérico, enfrontando elementos diferentes entre si e que a súa vez poidan representar ideas contrapostas. Para iso, adoita empregar materiais de construción e referencias visuais que, ao misturarse e descontextualizarse, xeran múltiples significados e grandes contrastes. Utiliza tamén, en moitos dos seus traballos, intervencións pictóricas abstractas que se combinan con outros elementos perfectamente recoñecibles, con alusións á historia e á cultura
de masas, dende unha visión galega e universal.
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona (2010), cun Máster en Profesorado na especialidade de Debuxo pola Universidade de Vigo (2013), actualmente cursa o Doutorado en Belas Artes na mesma universidade

Scroll To Top