Leyendo ahora
MUTACIÓNS #6 OS ESCUROS VERSOS DE CLÍO

MUTACIÓNS #6 OS ESCUROS VERSOS DE CLÍO

Xunto á Fundación Carlos Casares e a actriz Mariana Carballal

O próximo xoves 22 de maio ás 20:00 h celebramos en MUTA a sexta e última sesión do curso de MUTACIÓNS, titulada Os escuros versos de Clío, e encantaranos contar contigo.

Pecha o curso unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea: Silvia Penas, poeta e performer, presentará unha intervención escénica inspirada na obra de Carlos Casares.

Silvia Penas (Vigo, 1980) atesoura unha obra intensa, recoñecida con numerosos premios, e tamén presente no espazo público: un fragmento do seu poema A elas está gravado en bronce na rúa do Príncipe de Vigo, xunto co de María Xosé Queizán.
En Mutacións #6 non veremos unha promesa, senón unha artista consolidada cunha voz radicalmente presente.

Ao remate, como sempre, compartiremos viño e petiscos nun ambiente distendido, para conversar e seguir gozando da cultura con calma.

Ver también

Mutacións é unha iniciativa da Fundación Carlos Casares, da actriz Mariana Carballal e do espazo MUTA.

MUTACIÓNS #6 – Os escuros versos de Clío
Xoves 22 de maio · 20:00 h
Espazo MUTA (Rúa Joaquín Loriga, 9, Vigo)
Entrada: 15 €
Reservas: muta@muta.gal

Vuelve al comienzo