Now Reading
NOVA XORNADA CULTURAL MAR DE GALICIA: música local, deporte, acuático, creación e artesanía.

NOVA XORNADA CULTURAL MAR DE GALICIA: música local, deporte, acuático, creación e artesanía.

Ana Ortiz e Luísa Sánchez xunto aos representantes da Asociación Sociocultural e Deportivo Over no acto de presentación. Foto : redacción.

No marco incomparable do Museo do Mar de Galicia ven de presentarse este luns, a nova Xornada Cultural Mar de Galicia, que apoiada pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, celebrarase no propio Museo o vindeiro 18 de xullo.

Durante a presentación, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacou esta iniciativa destinada a «crear un novo espazo cultural na nosa cidade para dar a oportunidade de que músicos, grupos e creadores locais teñan o lugar que merecen para amosar a súa calidade».

Pola súa banda, a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luísa Sánchez, sinalou que «o Museo do Mar reúne unhas condicións excepcionais para converterse nun dos grandes escenarios culturais ao aire libre de Vigo».

Na súa quenda, Roi Torres, director da Asociación Sociocultural e Deportivo Over, explicou que axornada está cocebida como un evento aberto, participativo e interxeracional, no que a cultura, deporte, conciencia ambiental e convivencia cidadá se desenvolven de maneira fluída ao longo do día. «Hai xa 15 anos que a cidade non aproveita o talento local e a Xornada Cultural é un evento aberto e accesible a cidadanía de todas as idades, pensado para xente nova, familias e amantes da música, a moda o vintage e con conciencia ambiental, cun enfoque que valora o feito na cidade de Vigo polos seus artistas», sinalou.

See Also


ESCEARIOS MUSICAIS
Escenario Ría: situado no aparcadoiro principal, acolle música urbana e
contemporánea. Conta con artistas galegos emerxentes (Tekilas, Xiari, Adan,
LosDeLa9) e o grupo nacional Cecilio G como cabeza de cartel.
Escenario Xanela: na parte traseira do Museo do Mar e con vistas á ría, dedícase
ao punk, hardcore e rock de guitarras. Participan bandas locais coma
LoraHacePam, Dulce Compañía, Zalomon Grass e Youcanthide.
Espazo Río Lagares: situado no interior das salas expositivas, ofrece propostas
electrónicas, experimentais e inmersivas dirixidas por Pálida (cun custo de acceso
de 3€).


ACTIVIDADES E ESPAZOS CULTURAIS
Espazo Deportivo (zona Espigón): promove regatas de piraguas dobres para
categorías infantil e adulta a partir dos 7 anos.
Espazo Conciencia Azul: zona de charlas e encontros centrada na educación
ambiental e na defensa do mar. Participan Lixo Atelier, Vazva e a bióloga Raquel
Nogueira.
 Mercado Salitre: situado na baixada de acceso ao Museo do Mar, apoia o
comercio sostible e a economía circular con venda de roupa, discos de segunda
man, autoedición e marcas galegas independentes.
Hall do Mar: Zona central de servizos que inclúe barras de bebidas, zona de DJs,
foodtrucks, barra de vermú e unha zona lounge nos xardíns

Scroll To Top