Leyendo ahora
TEATRO GORRILLA

TEATRO GORRILLA

O próximo sábado 7 de decembro voltamos ao barrio de Churruca para convertir os bares en salas de teatros, acollendo 5 propostas escénicas en 5 espazos diferentes.

Comezamos ás 18h no Tinta Negra, Rúa dos Irmandiños, 2; continuamos ás 19h na Cantina Candela, Rúa Martín Códax, 12; ás 20h vos esperamos na Sala Kominsky, Rúa dos Irmandiños,3; ás 20.30h subimos A Casa de Arriba, Rúa Martín Códax,23 e ás 21.30h rematamos no Arco da Vella, Rúa Churruca,2.

A presentación das artistas non é a orde na que van actuar, xa que vos convidamos a que veñades a todo, polo que non desvelaremos a hora de actuación das artistas!

Contaremos coa presenza de:

COMBINACIÓN IMPERFECTA, que se estrean no Gorrilla co seu espectáculo:

ʟᴀꜱ ᴠᴀʀɪᴇᴛéꜱ ᴅᴇ ᴍᴀɪᴋᴀ ʏ ʟᴀɪᴋᴀ

Combinación Imperfecta veñen presentar << Varietés >>, un espectáculo que transforma ao público en protagonista. “Visto desde fuera todas seremos actrices y actores del show: para ello hemos creado una compilación de juegos, pruebas, enigmas y puzzles de diversa índole que convierten nuestra localización en un concurso lleno de música, teatro y mucha diversión.”

Ven xogar con Marte Martinka e Petra Porter

MARIA DE VICENTE acompañada do músico Duuma!, que ven mostrar a súa peza de danza contemporánea “La mona de seda”, unha peza en proceso de creación coa axuda bienal do Festival ABANEA

🄻🄰 🄼🄾🄽🄰 🄳🄴 🅂🄴🄳🄰

“La Mona representa la búsqueda de su esencia ante toda la información e imposición social, cultural y política.

Su intento de elegir, entre toda la seda que le llega, aquella con la que se siente Mona.”

LUAR’T, que veñen con Madame Carmela, da man de Luis Vázquez e Nerea Rodríguez, un espectáculo de títeres para adultos no que a nosa protagonista experimentará os seus poderes adivinatorios.

As prediccións de Carmela son un éxito, non perdas a oportunidade de preguntarlle polo teu futuro!

AVELINO GONZÁLEZ, que chega ao Teatro Gorrilla para contarnos cousas de mundos extraños…

ᴠɪᴀxᴀʀ ᴀ ᴘé…

«…por mundos extraños. O público non necesita camiñar.»

COLECTIVO DO FLOW, que xa están aquí e veñen improvisar!

Ⓐⓛⓛ ⓨⓞⓤ ⓝⓔⓔⓓ ⓘⓢ Ⓕⓛⓞⓦ

Ver también

“La improvisación como el arte de creación instantánea. El colectivo del Flow crea historias, personajes y nuevos mundos a partir de las inspiraciones que el espectador les proporciona. Un show en el que nadie sabe lo que va a suceder, ni siquiera los actores que irán resolviendo las trabas que vayan apareciendo en clave de comedia y donde el público estará desde sus butacas creando con ellos este espectáculo que será tan divertido como alucinante.”

Se queres vir formar parte activa deste espectáculo non te perdas nada o sábado 7 de decembro en Churruca!

A entrada será inversa 🧢

Ao sair o público fai unha achega monetaria, valorando por si propio o traballo das artistas e organización.

Mínimo recomendado para cada peza de 4€, o festival completo serían 20€✨️

Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña levan a cabo, pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a través de múltiples concertos, por iso, queren que as artes escénicas tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independetes da Galiza.

Este proxecto comeza como resposta á baixa visibilidade das artes escénicas e a escaseza de espazos para a sua práctica e desfrute na cidade de Vigo. O funcionamento de taquilla inversa, é a de aportar polo espectáculo unha vez sexa disfrutado e así valorar canto queres pagar por él.

Isto está inspirado no teatro de rúa onde se pasa “pasa a gorra”.

Nos vemos coa gorra posta!

Vuelve al comienzo