Now Reading
VARALONGA NO LICEUM.BAR DE O PORRIÑO O SÁBADO 25 DE XANEIRO.

VARALONGA NO LICEUM.BAR DE O PORRIÑO O SÁBADO 25 DE XANEIRO.


CARTA DE PRESENTACIÓN DO GRUPO VARALONGA
 Breve historia do grupo
No ano 70 xuntábanse catro rapaces e dúas rapazas case que adolescentes para formar un grupo chamado NUEVAS AMISTADES, participan no festival do Miño co primeiro tema en Galego no devandito Festival “Cantiga das Fontes” recibindo o terceiro premio; a partir dese momento comeza unha carreira discográfica con varias participacións en festivais e diversas xiras.


En 1975 desfáise o grupo e quedan 40 años de ausencia dos escenarios; hasta que no 2015 xúntanse para cantar unha panxoliña no luar da TVG, a partir dese encontro e cando varios dos seus membros deciden volver a cantar co nome de VARALONGA.
Prantexanse dedicar o se traballo creativo a musicar poemas dos poetas populares do seu pobo natal; deses homes e mulleres que no falaban do traballo dende a xanela ou balcón, cando falaban dun carro, eles mesmos, carrexaban ou empurraban; si falaban da horta, eles mesmos labraban e botaban o esterco, e si falaban do mar eles mesmos tiraban das redes, das nasas, ou bogaban na gamela.
 Poetas Populares
Para este empeño buscan axuda da Asociación Cultural “A CEPA” de Cangas que decide apadriñar seu traballo; así en 2017 sae dixitalmente un primeiro proxecto discográfico baixo o titulo POETAS POPULARES con poemas dos poetas da rúa:

Portada do noso primeiro traballo discográfico POETAS POPULARES
Despois de pasados cinco anos e algúns cambio na formación, deciden dedicar seu novo proxecto SEMPRE MAR a Bernardino Graña, poeta e veciño. Baixo este título hai once temas da súa obra poética con escolma de Fernando Cuñarro, que nos fixo un agasallo con estas fermosas palabras.
“Velaquí están musicados os versos do mestre e do poeta amigo Bernardino Graña, unha das figuras máis importantes da literatura galega.
Sempre nos quedarán na memória os seus libros e este fermoso traballo discográfico que hoxe presenta o grupo VARALONGA. Versos dos mariñeiros, de Tirán, de Cangas e das terras do Morrazo.
Velaí van ao Mar dos Soños os teus poemas seleccionados e interpretados por xente amiga.
E “quero beber agora nas tabernas con vós o caldo en cunca da mestura a aperta de mar e terra con amor de amigo”. SEMPRE MAR!”
 Sempre Mar
Este traballo consta de 11 Poemas musicados de Bernardino Graña “O Poeta do mar”
Como exemplos (guía de escoita):
 “Oda os Mariñeiro de Cangas”.- nela, cambiamos o baixo por unha tuba, tamén
aparece o son de varios vasos de vidro con auga a diversos volumes para obter os
sons dentro da tonalidade, -como unhas campaíñas-; o remate do tema entran as
cordas cas nosas voces difusas no ar.
 “Canción para ir o mar de pesca”.- como di unha amiga, mestra de infantil, “e unha canción moi didáctica, para ensinar os nenos o nome dos peixes en galego” e un “swing” movidiño…
 “Sempre Mar”.- tema que da nome e remata o traballo discográfico, vai con guitarra acústica, eléctrica, baixo e batería como base, na segunda parte do tema, entra un óboe, contestado por un acordeón e órgano de igrexa. Remata co son do mar que seguirá durante case un minuto…
 “Para beber auga e viño e estarnos xuntos” Foi premiado no 2010 pola Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia co premio “Lingua de amor”
Esta editado ca axuda da Asociación Cultural “A Cepa”.
Gravado en TRIBU MUSICAL baixo dirección artística e arranxos de Pablo Costas que ádemas nos presta a súa voz no tema “O Gato da tasca mariñeira”. Posteriormente todo foi masterizado en Madrid por Fernando Álvarez de 440 – Mastering.
a distribución e de INQUEDANZAS SONORAS.

See Also

Portada do noso segundo traballo discográfico SEMPRE MAR
Compoñentes del grupo VARALONGA:
 Rafael Carballo “Rafa”:
o Guitarra eléctrica e harmónica
 Antonio Parcero “Toño”:
o Guitarra acústica, percusión, baixo e voz
 Fernando Pintos “Nandi”:
o Teclados
 Modesto Parcero “Piter”:
o Baixo, percusión e voz
 Francisco Juan “Paco”
o Batería e Voz
 Honorato Parcero: “Hono”:
o Guitarra acústica, Cabaquinho e voz

Scroll To Top