Now Reading
MARCO_DIDÁCTICA. Programación Didáctica VERÁN 2025

MARCO_DIDÁCTICA. Programación Didáctica VERÁN 2025

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
FUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Ministerio de Cultura y Deporte
Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. info@marcovigo.com www.marcovigo.com


Neste inicio do mes de xullo, a área de Didáctica do MARCO presenta a súa
programación especial de verán, que este ano inclúe Laboratorios Artísticos
para público infantil, obradoiros e actividades para grupos, e para colectivos con
necesidades específicas, que se desenvolverán nas salas de exposición e na
zona exterior e interior do Espazo Anexo. Todo no contexto do programa
‘MARCOinclusivo’, que conta coa colaboración de Fundación ”la Caixa”

OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN

Para público infantil de 3 a 6 anos

Conducidos por Mª Xosé Martínez e persoal de Didáctica do MARCO

Do 8 ao 30 de xullo de 2025

Horario: martes, mércores e venres de 12.00 a 13.30 (agás 25 xullo)

MARCO: salas de exposición e Espazo Anexo (praza peonil posterior)

GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (prazas limitadas)

Reservas de praza en taquilla recepcion@marcovigo.com / Tel. 986 113900 (ext. 200)

LABORATORIOS ARTÍSTICOS DE VERÁN

Para participantes a partir de 6 anos

Conducido por Cristina González Larriba (Arte&Garabato) e persoal de Didáctica do MARCO

Do 10 ao 31 de xullo de 2025

Horario: xoves de 11.00 a 12.30

MARCO: salas de exposición e Espazo Anexo (praza peonil posterior)

GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (prazas limitadas)

Reservas de praza en taquilla recepcion@marcovigo.com / Tel. 986 113900 (ext. 200)

See Also

[As persoas adultas acompañantes teñen a opción de permanecer no obradoiro tomando parte activa]

VISITAS E OBRADOIROS PARA GRUPOS

Actividades á medida para públicos de todas as idades (colectivos, asociacións e grupos con necesidades específicas)

Conducidos por Mª Xosé Martínez e persoal de Didáctica do MARCO

Do 8 ao 30 de xullo de 2025

Horario: martes, mércores e venres de 10.30 a 12.00 (agás 25 xullo)

MARCO: salas de exposición e Espazo Anexo (praza peonil posterior)

GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (prazas limitadas)

Mínimo 10 e máximo 25 participantes por grupo [No caso de grupos pequenos, o número de participantes poderá completarse con outras reservas]

Reservas de praza en taquilla recepcion@marcovigo.com / Tel. 986 113900 (ext. 200)

Inauguración de la exposición «savia y sangre» de Laura Lio en el Museo MARCO de Vigo
Scroll To Top