Now Reading
Milagros Torrado Cespón e Laura Pérez Delgado gañan o IV Premio de Álbum Ilustrado «Alberte Quiñoi» por «Paio e o Gatipedro»

Milagros Torrado Cespón e Laura Pérez Delgado gañan o IV Premio de Álbum Ilustrado «Alberte Quiñoi» por «Paio e o Gatipedro»



Na Estrada, ás 11 h do 27 de marzo, na Sala de Xuntas da Casa do
Concello da Estrada, reúnese o xurado para escoller a obra gañadora
desta VI edición do Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi”, coas
persoas que deseguido se relacionan:

Paula Carballeira Cabana, dramaturga e Premio Nacional de Literatura
Dramática; Mariano Casas Gil, docente e artista plástico; Sara Valcárcel
Maceira, responsable de Comunicación e coordinadora de Novos Proxectos
de Editorial Galaxia; Armando Requeixo Cuba, crítico literario; e Rosa
María Herraiz Cabanas, exercendo como secretaria.

Despois de valorar os orixinais presentados e de levar a cabo distintas
seleccións e contraste de opinións, previas á xuntanza do día de hoxe, o
xurado acordou, por unanimidade conceder o VI Premio de Álbum Ilustrado
Alberte Quiñoi á obra titulada “Paio e o Gatipedro”, que se presentou
baixo o pseudónimo “Roquets”. Unha vez aberta a plica, esta resultou ser
da autoría de Milagros Torrado Cespón e Laura Pérez Delgado.

O xurado quixo destacar neste álbum ilustrado a súa capacidade para
poñer no centro o folclore galego, facendo protagonista ao Gatipedro.
Rescata elementos da tradición oral galega para contar unha historia,
tenra, envolta nun mundo de ensoñación, contada cunha linguaxe propia.

Unha historia para os máis pequenos, pensada para compartir en familia,
arroupando os afectos.

Destaca a súa estética coidada, cunha excelente paleta de cor, na que
historia e imaxe camiñan da man.

Unha proposta que nos convida a soñar e acompañar a Paio na súa procura.

Scroll To Top