Now Reading
Alberto González-Alegre. ¡Que non pare a música!

Alberto González-Alegre. ¡Que non pare a música!

ALBERTO GONZÁLEZ-ALEGREQue non pare a música!
Salón de actos do MARCO Martes 7 de abril a partir das 17.00Entrada libre ata completar capacidade
Organiza: CCG Consello da Cultura GalegaSección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas
Alberto González-Alegre (1957-2025), crítico de arte, historiador e comisario de exposicións, foi unha voz imprescindible para entender o devir das prácticas artísticas contemporáneas na nosa comunidade.
A súa achega resulta dificilmente cuantificable. Durante décadas a súa presenza fíxose sentir nos máis diversos ámbitos culturais, moi especialmente naqueles relacionados coas artes plásticas: cursos, conferencias, publicacións, escritos críticos, didáctica, comisariados, múltiples actividades de xestión cultural ou a dirección de institucións tan senlleiras como a Fundación Luis Seoane (A Coruña).
Como poderían testemuñar decenas de artistas e estudosos, o sistema artístico galego, no seu aspecto máis experimentador e arriscado, forxouse, en boa medida, coa dedicación e a xenerosa entrega de Alberto González-Alegre, incansable no seu apoio aos proxectos e ás iniciativas que o fixeron avanzar.
Manter vivo o seu legado é unha obriga ineludible para todos e todas nós. Non poderemos revivir a súa paixón e a súa disposición de ánimo, sempre disposto a implicarse, pero si podemos preservar o seu legado intelectual: os seus traballos xa forman parte dun patrimonio colectivo que temos o deber de preservar e defender do esquecemento.
Dende a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega, queremos celebrar a súa figura nunha xornada de homenaxe, memoria e reflexión, escoitando diferentes voces do sistema da arte galega (artistas e profesionais do comisariado, da crítica, da xestión, da investigación e da docencia) que o coñeceron de preto e traballaron cunha persoa irrepetible, que tanto fixo polo contexto artístico da nosa comunidade.
+ INFO e programa en https://consellodacultura.gal/evento.php?id=202391

Scroll To Top