Now Reading
O Museo do Mar de Galicia acolle o 5 de setembro a Xornada Cultural Mar de Galicia: un evento familiar e para todos os públicos con mercadillos, actividades náuticas, conferencias e música en directo

O Museo do Mar de Galicia acolle o 5 de setembro a Xornada Cultural Mar de Galicia: un evento familiar e para todos os públicos con mercadillos, actividades náuticas, conferencias e música en directo

  • A iniciativa, organizada pola Asociación Sociocultural e Deportiva OVER, deseñouse para que familias, mozos e adultos poidan gozar dunha xornada completa desde as 11:30 ata as 23:30 horas.
  • A programación inclúe máis de nove actuacións musicais en dous escenarios (con artistas como Cecilio G, Zalomon Grass ou YOUCANTHIDE), o Mercado Salitre con 40 postos, percorridos en kaiak e espazos de reflexión ambiental e cultural.

A Xornada Cultural Mar de Galicia (XC Mar de Galicia) celebrarse o próximo 5 de setembro no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, configurándose como unha gran cita festiva e participativa dirixida a un público totalmente familiar e aberto a todas as idades. Coorganizada pola Asociación Sociocultural e Deportiva OVER, a xornada estenderase desde as 11:30 horas ata as 23:30 horas, ofrecendo un amplo abano de actividades pensadas para gozar en familia, en parella ou con amigos.

O acceso ao recinto é gratuíta dirixida a todo tipo de públicos: familias, xoves e maiores, agás as actuacións musicais.

O acceso ás dúas zonas musicais ten un custo conxunto de tan só 8€ (+ gastos de xestión) e os tickets xa se poden adquirir a través da plataforma Tixxlab.com. Co obxectivo de achegar a cultura ás novas xeracións, a entrada para os menores de 18 anos será totalmente gratuíta.

O evento foi concibido como un espazo multidisciplinar onde se combinan lecer, mar, compras sostibles, divulgación e a mellor música. Entre a oferta principal destacan:

  • Mercadillos e artesanía: O Mercado Salitre contará con arredor de 40 postos de creación galega, moda de segunda man, artesanía, vinilos, autoedición e proxectos de economía circular.
  • Actividades náuticas: Para os amantes do mar e quen queiran ter un contacto directo coa ría, haberá actividades de iniciación e percorridos en kaiak.
  • Divulgación e conferencias: A partir do mediodía terá lugar a charla Conciencia Azul, orientada á protección do medio mariño, a sustentabilidade e o futuro da ría de Vigo.

Pola tarde celebraráse a mesa redonda Vigo Soa: Cultura, Música e Cidade, un espazo de debate para falar do modelo cultural da cidade.

CECILIO G.

MÚSICA EN DIRECTO

A partir das 18:00 horas comezará a programación principal do Escenario Ría, dedicado ao rap e ás músicas urbanas.

Abrirá Tekilas ás 18:00 horas, seguido de THRE36OYZ ás 18:40, Xiari ás 19:40, Losdela9 ás 20:40 e Adán ás 21:40.

O peche da xornada correrá a cargo de Cecilio G, que subirá ao escenario ás 22:40 horas e prolongará a súa actuación ata aproximadamente as 23:30.

En paralelo, o Escenario Xanela concentrará a programación de rock e música alternativa. Ás 19:00 horas actuará Lorahacepan, ás 20:00 YOUCANTHIDE e ás 21:00 Zalomon Grass.

A programación dos dous escenarios foi deseñada de forma escalonada para facilitar o movemento do público entre os diferentes espazos do Museo.

ELECTRÓNICA NO INTERIOR DO MUSEO

A música tamén chegará ao interior do Museo do Mar.

See Also

Entre as 17:30 e as 19:00 horas, o espazo Río Lagares acollerá unha proposta de Nelo, centrada na electrónica, o ambient e os elementos visuais.

Deste xeito, XC Mar de Galicia combinará durante a tarde propostas urbanas, rock, electrónica e música alternativa distribuídas en diferentes espazos do complexo.

Adaptados e preparados para unha grande experiencia

Esta nova convocatoria chega tras a suspensión da anterior cita por cuestións administrativas a poucas horas da súa celebración. Para este 5 de setembro, a organización reforzou toda a documentación técnica e administrativa da man de profesionais especializados para garantir a máxima seguridade e confort dos asistentes.

«A nosa intención é que o 5 de setembro a noticia sexa simplemente que as familias e a cidadanía de Vigo están gozando dunha nova xornada de cultura, música e mar», destacan desde a Asociación OVER.

DATOS DO EVENTO

  • Evento: XC Mar de Galicia
  • Data: Sábado, 5 de setembro de 2026
  • Horario: De 11:30 h a 23:30 h
  • Lugar: Museo do Mar de Galicia (Vigo)
  • Público: Familiar / Todos os públicos
  • Organiza: Asociación Sociocultural e Deportiva OVER
Scroll To Top