
ALBERTO ARDID. Hai un lugar
Ata o 1 de novembro de 2026
Salas da planta baixa
Comisariado: Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto Soto
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
TOMA NOTA!
A exposición «Hai un lugar», de Alberto Ardid, amplía a súa duración no MARCO ata o domingo 1 de novembro, que será a data de clausura.
Ata entón, o público poderá seguir coñecendo ou afondando nesta proposta, ben achegándose ás salas do MARCO dentro do horario habitual de apertura, ou participando nas visitas guiadas, obradoiros e actividades para grupos mediante reserva previa..
«Hai un lugar semellante a este. Unha realidade paralela que constitúe unha ficción relativamente próxima. Hai un lugar é un proxecto expositivo que combina pezas a medio camiño entre a escultura e a instalación, que se artellan arredor da idea dun aparente triunfo do mal sobre o ben, pero no que aínda se pode albiscar algún raio de esperanza.
Unha exposición narrativa e interconectada, na que cada peza é per se, mais que tamén conta algo en relación ás outras e ao espazo que ocupan.»
Alberto Ardid
Foto: cortesía do artista
| ÚLTIMAS PRAZAS DISPOÑIBLES! O CORPO NA ARTE CONTEMPORÁNEA DENDE UNHA PERSPECTIVA INTERDISCIPLINAR Curso de Extensión Universitaria. Universidade de Vigo |
![]() |
| Do 22 de setembro ao 9 de outubro de 2026. Docentes: Olga Cameselle, Su Garrido, Marco Maril, Macarena Montesinos, Maria Roja, Iria Vázquez López. Coordinación: Iria Vázquez López. Dirixido a: estudantes, profesorado e público en xeral Organiza: Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, en colaboración co MARCO. Lugar: MARCO Espazo Anexo (praza peonil posterior) Este curso propón unha aproximación teórica e práctica ao papel do corpo na arte contemporánea desde unha perspectiva interdisciplinar. A partir das transformacións producidas nas prácticas artísticas ao longo da segunda metade do século XX, analizarase como o corpo se converteu nun dispositivo central de creación, investigación estética e reflexión política. O programa abordará a emerxencia da performance e das prácticas de acción, así como as correspondencias entre diferentes disciplinas artísticas —artes visuais, danza, teatro, música experimental e poesía sonora— nas que o corpo opera como eixe vertebrador do proceso creativo. —————————————————————————————— Prazas limitadas. Inscrición aberta ata o 15 de setembro+ INFO sobre programa, inscricións e matrícula en https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=5320 |
| Nova tempada 2026-27. Club de Lectura #BiblioMARCO. Apertura inscrición a partir do mércores 16 de setembro |
![]() |
| Organizado pola Biblioteca-Centro de documentación do MARCO, é unha actividade concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas na relación entre literatura e a arte nas súas múltiples manifestacións.—————————————————————————————————– INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS: A partir do mércores 16 de setembro, ás 9.00. Non se terán en conta as solicitudes recibidas antes desa data e horario.Exclusivamente a través do email centro.documentacion@marcovigo.comIndicando: nome, apelidos, teléfono de contacto, grupo/s no/s que lle gustaría participar por orde de preferencia, e se son membros da AAM (no seu caso). Máximo 1 solicitude de alta por correo-e recibido.Capacidade máxima de 16 participantes por grupo (reserva 20% para membros AAM) .+ INFO en https://www.marcovigo.com/gl/content/club-de-lectura-bibliomarco-8-edici-n-nova-tempada-outubro-2026-maio-2027 |



