
- A iniciativa, organizada pola Asociación Sociocultural e Deportiva OVER, deseñouse para que familias, mozos e adultos poidan gozar dunha xornada completa desde as 11:30 ata as 23:30 horas.
- A programación inclúe máis de nove actuacións musicais en dous escenarios (con artistas como Cecilio G, Zalomon Grass ou YOUCANTHIDE), o Mercado Salitre con 40 postos, percorridos en kaiak e espazos de reflexión ambiental e cultural.
A Xornada Cultural Mar de Galicia (XC Mar de Galicia) celebrarse o próximo 5 de setembro no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, configurándose como unha gran cita festiva e participativa dirixida a un público totalmente familiar e aberto a todas as idades. Coorganizada pola Asociación Sociocultural e Deportiva OVER, a xornada estenderase desde as 11:30 horas ata as 23:30 horas, ofrecendo un amplo abano de actividades pensadas para gozar en familia, en parella ou con amigos.
O acceso ao recinto é gratuíta dirixida a todo tipo de públicos: familias, xoves e maiores, agás as actuacións musicais.
O acceso ás dúas zonas musicais ten un custo conxunto de tan só 8€ (+ gastos de xestión) e os tickets xa se poden adquirir a través da plataforma Tixxlab.com. Co obxectivo de achegar a cultura ás novas xeracións, a entrada para os menores de 18 anos será totalmente gratuíta.
O evento foi concibido como un espazo multidisciplinar onde se combinan lecer, mar, compras sostibles, divulgación e a mellor música. Entre a oferta principal destacan:
- Mercadillos e artesanía: O Mercado Salitre contará con arredor de 40 postos de creación galega, moda de segunda man, artesanía, vinilos, autoedición e proxectos de economía circular.
- Actividades náuticas: Para os amantes do mar e quen queiran ter un contacto directo coa ría, haberá actividades de iniciación e percorridos en kaiak.
- Divulgación e conferencias: A partir do mediodía terá lugar a charla Conciencia Azul, orientada á protección do medio mariño, a sustentabilidade e o futuro da ría de Vigo.
Pola tarde celebraráse a mesa redonda Vigo Soa: Cultura, Música e Cidade, un espazo de debate para falar do modelo cultural da cidade.

CECILIO G.
MÚSICA EN DIRECTO
A partir das 18:00 horas comezará a programación principal do Escenario Ría, dedicado ao rap e ás músicas urbanas.
Abrirá Tekilas ás 18:00 horas, seguido de THRE36OYZ ás 18:40, Xiari ás 19:40, Losdela9 ás 20:40 e Adán ás 21:40.
O peche da xornada correrá a cargo de Cecilio G, que subirá ao escenario ás 22:40 horas e prolongará a súa actuación ata aproximadamente as 23:30.
En paralelo, o Escenario Xanela concentrará a programación de rock e música alternativa. Ás 19:00 horas actuará Lorahacepan, ás 20:00 YOUCANTHIDE e ás 21:00 Zalomon Grass.
A programación dos dous escenarios foi deseñada de forma escalonada para facilitar o movemento do público entre os diferentes espazos do Museo.

ELECTRÓNICA NO INTERIOR DO MUSEO
A música tamén chegará ao interior do Museo do Mar.
Entre as 17:30 e as 19:00 horas, o espazo Río Lagares acollerá unha proposta de Nelo, centrada na electrónica, o ambient e os elementos visuais.
Deste xeito, XC Mar de Galicia combinará durante a tarde propostas urbanas, rock, electrónica e música alternativa distribuídas en diferentes espazos do complexo.
Adaptados e preparados para unha grande experiencia
Esta nova convocatoria chega tras a suspensión da anterior cita por cuestións administrativas a poucas horas da súa celebración. Para este 5 de setembro, a organización reforzou toda a documentación técnica e administrativa da man de profesionais especializados para garantir a máxima seguridade e confort dos asistentes.
«A nosa intención é que o 5 de setembro a noticia sexa simplemente que as familias e a cidadanía de Vigo están gozando dunha nova xornada de cultura, música e mar», destacan desde a Asociación OVER.
DATOS DO EVENTO
- Evento: XC Mar de Galicia
- Data: Sábado, 5 de setembro de 2026
- Horario: De 11:30 h a 23:30 h
- Lugar: Museo do Mar de Galicia (Vigo)
- Público: Familiar / Todos os públicos
- Organiza: Asociación Sociocultural e Deportiva OVER
