
O venres 15 de maio, ás 12.00 horas, celebrarase a inauguración da
exposición Begoña Caamaño no Calvario vigués, na zona peonil de Urzaiz
(números 213-217), no mesmo barrio que foi escenario da infancia da escritora
homenaxeada nas Letras Galegas 2026.
O acto contará coa presenza de Ramón Nicolás, comisario da mostra, de Xosé
Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia e Abel Caballero, alcalde do
Concello de Vigo.
A exposición convida a percorrer a memoria persoal e colectiva de Begoña
Caamaño a través dos lugares, lecturas e experiencias que definiron a súa
relación co Calvario. Fotografías históricas, documentos, ilustracións e textos
axudan a reconstruír o Vigo da segunda metade do século XX que ela coñeceu
de nena.
O proxecto está comisariado por Ramón Nicolás e coordinado por Xesús
Domínguez Dono. O deseño e a maquetación son obra de Hayat Husein, e as
ilustracións, de Carlos Gallego, procedentes do libro A nena que perdeu un
zapato na lama, de R. Nicolás. A produción está ao coidado de Merlín
Comunicación – Grupo Editorial Galaxia, coa colaboración do Concello de Vigo.
Para a súa realización contouse tamén co apoio do Arquivo Begoña Caamaño
(ABC), a Asociación de Veciños do Calvario (ASVC) e o Arquivo Editorial
Galaxia (AEG).
A mostra forma parte da programación cultural impulsada con motivo da
homenaxe a Begoña Caamaño no Día das Letras Galegas 2026.