Now Reading
Concello de Vigo : Información de tráfico nos «Días de Afluencia Moi Alta»

Concello de Vigo : Información de tráfico nos «Días de Afluencia Moi Alta»


Vigo, 4 de decembro de 2025.- O Concello de Vigo informa de que tras
observar o funcionamento do Plan de Tráfico nos días clasificados como
“Afluencia Moi Alta” e para favorecer a mobilidade en días laborables
modificaranse puntualmente as seguintes medidas:

  • O acceso ás rúas García Barbón e Rosalía de Castro, desde Gran Vía e
    Urzáiz (sentido descendente) habilitarase pola rúa Cervantes, que a
    tal efecto cambia o seu sentido de circulación ordinario desde
    Alfonso XIII cara á rúa Urzáiz ao sentido contrario desde Urzáiz cara
    á rúa Alfonso XIII, desde ás 17:00 horas do día 05 de decembro ata
    as 22:00 horas do día 08 de decembro.
  • O acceso aos aparcadoiros de Areal e Praza da Estrela deberá ser
    obrigatoriamente pola rúa Inés Pérez de Ceta, unha vez iniciadas os
    cambios na circulación, non podendo acceder directamente dende a
    rotonda da Paellera. Percorrido polas rúas Oporto, Rosalía de Castro
    e Inés Pérez de Ceta.
    Mantéñense as demais medidas recollidas no Plan de Tráfico de data
    11/11/2025 que poden consultarse na seguinte ligazón:
    https://hoxe.vigo.org/actualidade/avisos_vigo.php?id=2225
Scroll To Top