Now Reading
II PREMIO XOSÉ NEIRA VILAS DE LITERATURA XUVENIL

II PREMIO XOSÉ NEIRA VILAS DE LITERATURA XUVENIL


A Fundación Xosé Neira Vilas e Editorial Galaxia, coa colaboración da Consellería
de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, co obxectivo de estimular a
creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público
xuvenil obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación da
novela, convocan o presente premio, segundo as seguintes bases:
Poderán concorrer ao premio as autoras e autores que presenten os orixinais
escritos en lingua galega (de conformidade coas Normas ortográficas e
morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola RAG) de obras de creación literaria
adscritas ao xénero de novela e dirixidas ao lectorado xuvenil.
As obras deberán ser inéditas en todos os formatos, xa sexa na súa totalidade ou
parcialmente, e non premiadas con anterioridade ou simultaneidade en ningún
outro certame.
A extensión dos orixinais abranguerá entre un mínimo 120.000 caracteres e un
máximo de 200.000 caracteres, incluídos espazos, aínda que o xurado poderá
considerar con flexibilidade esta condición, conforme á calidade da obras.
De cada obra presentaranse cinco copias en papel, mecanografadas a dobre
espazo, tipografía Times New Roman, corpo 12, con índice incluído (de o precisar)
e debidamente encadernadas, acompañadas dun USB, ou calquera outro soporte
informático, onde que se incluirá a obra en formato PDF.
Estas copias deberán presentarse baixo lema, e sen ningún tipo de dato que
identifique o seu autor/a, e achegarase con elas unha plica, nun único sobre
pechado, cos seus datos persoais, así como o título da obra.
O prazo de recepcións das obras finalizará o día 15 de xaneiro de 2026, e deberán
enviarse á sede administrativa da Editorial Galaxia, Travesía de Vigo 71, 36206
Vigo..
O premio, que poderá declararse deserto, se o xurado estima que ningunha das
obras presentadas acada a suficiente calidade literaria, considerará unha única obra
gañadora, á que se lle asigna unha dotación económica de seis mil euros (6.000
euros), suxeitos aos correspondentes impostos. Tamén poderá destacar unha obra
como finalista e recomendar a súa publicación, se así o considera oportuno,
facéndose público o título e autoría, unha vez aberta a plica.
A contía do premio inclúe os dereitos de autor da primeira impresión da obra
gañadora. A partir da segunda, a explotación comercial do libro premiado xerará o
10 por cento de dereitos, segundo contrato estándar de edición asinado con Editorial
Galaxia, que se encargará da edición e publicación da obra premiada nunha das súas
coleccións xuvenís. Así mesmo publicarase en edición dixital, que xerará dereitos de
autor dende a primeira descarga.
Ademais, o xurado destacará unha obra como finalista que será publicada por
Editorial Galaxia nunha das súas coleccións xuvenís, asinando co seu autor/a un
contrato de edición estándar rendendo o 10 por cento de dereitos de autor.
Editorial Galaxia terá preferencia durante seis meses, dende a data de resolución
do premio, para a adquisición dos dereitos das obras que considere con interese para
publicar e que non obtivesen o premio nin fosen finalistas, estando autorizada a
abrir as plicas deses orixinais. A publicación da obra farase previa subscrición do
correspondente contrato estándar co seu autor/a.
O xurado conformarase por cinco membros de recoñecido prestixio na literatura
xuvenil, dous escollidos pola Fundación Neira Vilas, dous por Editorial Galaxia, un
dos cales realizará funcións de secretario, e un pola Secretaría Xeral da LIngua. A
súa composición farase pública no momento da resolución do premio, o 2 de abril
de 2026, día do Libro Infantil e Xuvenil.
A participación na convocatoria implica a aceptación das presentes bases e que a
súa interpretación corresponde en exclusiva ao xurado que emitirá o seu ditame con
carácter inapelable.
As obras non premiadas serán destruídas.

Scroll To Top