Now Reading
NOTA INFORMATIVA / CONVOCATORIA O RETO DE SER MULLER, Encontro-coloquio mulleres da EPAPU Nelson Mandela (A Lama) e da EPA Berbés (Vigo)

NOTA INFORMATIVA / CONVOCATORIA O RETO DE SER MULLER, Encontro-coloquio mulleres da EPAPU Nelson Mandela (A Lama) e da EPA Berbés (Vigo)

Martes 24 de marzo, de 11.30 a 13.00 Lugar: MARCO, Galería A3, planta baixa PRAZAS LIMITADAS ata completar capacidade. Prégase confirmar asistencia no email comunicacion@marcovigo.com
Organiza: área Didáctica do MARCO, en colaboración con EPAPU Nelson Mandela e EPA BerbésProxecto #MARCOinclusivo Coa colaboración de Fundación «la Caixa»—————————————————————————————————
Dende o ano 2023, a área de Didáctica do MARCO e a EPAPU Nelson Mandela (A Lama) teñen establecido varias liñas de colaboración que foron fructificando en diversos proxectos dentro do programa “MARCO inclusivo”, como o encontro Apps for Good celebrado en maio de 2025, ou as sesións da Biblioteca Humana, unha iniciativa que vai xa pola súa 3ª edición. Durante estes encontros, persoas internas no Centro Penitenciario da Lama que cursan os seus estudos na EPAPU Nelson Mandela, comparten nun ambiente de diálogo unha parte das súas historias vitais, dende perspectivas distintas á norma.
Neste 2026, a intención é avanzar con novas propostas e continuar definindo necesidades e iniciativas específicas. Así, o martes 24 de marzo, no contexto do 8M e dun mes tan relevante na reivindicación da Igualdade, organízase un encontro/coloquio aberto ao público, no que as protagonistas son mulleres alumnas da EPAPU Nelson Mandela, reclusas no centro penitenciario da Lama, xunto a outras participantes que cursan os seus estudos na EPA Berbés (Vigo).
O coloquio estará conducido pola xornalista Carolina Sertal, e a idea é dar un paso máis alá, dende un diálogo íntimo ou persoalizado como participantes en actividades como a Biblioteca Humana, a ser quen de compartir as súas experiencias e traxectorias cun público máis amplo e cunha temática específica.
Durante o encontro abordaranse cuestións como o día a día en prisión, as súas vivencias e impresións, os prexuízos e discriminacións, a condición de muller inmigrante, as dificultades de inmersión en entornos alleos, os plans de estudos e soños de futuro, o traballo, os afectos, a familia e a maternidade.
A sesión será aberta ao público, especialmente estudantes, docentes, profesionais das áreas de traballo social, e calquera persoa interesada.Prégase confirmar asistencia no email comunicacion@marcovigo.com indicando nome + apelidos + teléfono de contacto, e número asistentes en caso de grupos.

Scroll To Top