| Colección MARCO Jorge MartinsWashington Barcala, Alfonso Galván, Juan Giralt, Sofía Madrigal, Idoia Montón, Leopoldo NóvoaBerta Cáccamo, Bosco Caride, Lluís Lleó |
![]() |
| A partir deste venres 12 de decembro, varias salas da planta baixa do MARCO (Patio 1, Galería 1, Galería 2) acollen unha selección de obras de dez artistas que forman parte da Colección MARCO, completando así a programación de exposicións deste 2025. O propio venres ás 18.00, coincidindo coa presenza no Museo do alcalde de Vigo e presidente da Fundación MARCO, o seu director, Miguel Fernández-Cid, ofrecerá un percorrido por salas para medios e autoridades. A partir de entón, a exposición permanecerá aberta ao público ata o mes de febreiro de 2026. Colección MARCO 12 decembro 2025 – febreiro 2026 Patio A1, Galerías A1 e A2 (planta baixa) Comisariado: Miguel Fernández-Cid / Pilar Souto Soto Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo |
