Now Reading
Xaquín Núñez presenta «Mañá, cando sexamos luns»,un retrato contundente da Galicia contemporánea

Xaquín Núñez presenta «Mañá, cando sexamos luns»,un retrato contundente da Galicia contemporánea



A novela, entrecruza as vidas de catro
personaxes marcados pola precariedade, a soidade e a loita pola dignidade
Xaquı́n Núñez publica Mañá, cando sexamos luns,
unha novela que ofrece un retrato profundo da vida contemporánea nunha
Galicia atravesada pola precariedade, a soidade e a constante procura de
dignidade. A obra do recoñecido experto en literatura negra e crı́tico literario chega
hoxe ás librarı́as e entretece as historias de catro protagonistas —Elisângela,
emigrante afrobrasileira; Vila, home maior que coida da súa esposa enferma; Carme,
funcionaria pública atrapada na burocracia; e Roberto, mozo inmerso nun contexto
de perigos e frustracións—. Neste volume, Xaquı́n Núñez constrúe un mosaico
complexo de experiencias humanas nun escenario urbano tan acolledor como
opresivo que ten o seu espello na cidade de Santiago de Compostela, aı́nda que non se mencione en ningún punto da novela.
Mañá, cando sexamos luns destaca pola súa exploración das múltiples capas da
realidade social a través dun estilo narrativo detallista e introspectivo, que
alterna entre as distintas perspectivas dos personaxes. A prosa de Xaquı́n Núñez
recrea escenas densas e cheas de simbolismo. A investigación dun asasinato
engade unha dimensión de intriga policial que se mestura co xénero negro e
coa crónica social, mentres a presenza de personaxes secundarios profundamente
humanos e vulnerables reforza a idea de que, tras a rutina diaria, agroman redes
invisibles de solidariedade, corrupción e resistencia.
A través da representación da precariedade laboral, da emigración, da
burocratización da vida e da violencia estrutural, Mañá, cando sexamos
luns propón unha reflexión sobre identidade, pertenza e resistencia nun contexto
local que funciona como metáfora universal. Con este libro, Xaquı́n Núñez consolida
a vixencia e potencia da literatura galega contemporánea, ofrecendo unha historia
de grande forza emocional e clara vocación de espello social, na que esperanza
e desesperación conviven na loita cotiá polos dereitos e pola dignidade.


O autor celebrará a primeira presentación da novela o 27 de febreiro
(19.00 horas) na libraría Follas Novas de Santiago de Compostela, onde estará
acompañado polo escritor Suso de Toro e polo director de Xerais, Fran Alonso.

Scroll To Top